Asociación cultural Tarandeira

cabeceira 5

Quen somos

Tarandeira é unha asociación cultural e de tempo libre que dedica o seu esforzo a promover o coñecemento e valoración do entorno natural e á recuperación da cultura tradicional.

Deste xeito, vimos organizando saídas mensuais a aqueles lugares onde poidamos gozar do medio natural, poñendo en práctica o seu coñecemento e mesturando deporte, cultura, aventura e, por que non, gastronomía; nestas actividades, ten cabida a participación de xente de todas as idades e lugares, sen que sexa precisa unha condición física especial.

No eido cultural, ademais do que o coñecemento e valoración do medio natural supón nese senso, a tarefa de Tarandeira desenvólvese fundamentalmente na recuperación de pezas tradicionais, co desexo de acadar algún día un museo etnográfico. Neste mesmo ámbito, ocupan tamén un papel destacado a organización de xornadas micolóxicas, participación en feiras e exposicións, e actividades con escolares.

Tarandeira é un proxecto aberto e as actividades que desenvolve van dirixidas ao público en xeral, sen que sexa necesario pertencer á asociación para participar nelas.

Contacto
Quen somos

O noso local