Asociación cultural Tarandeira

cabeceira 2

Historia

A nosa asociación nace como tal no ano 2004, cando un dos seus socios fundadores consegue xuntar un grupo de persoas que comparten as mesmas preocupacións ca el, e que á vez achegan novas propostas. Deste xeito xermola unha idea que se viña madurando dende hai anos.

Ao longo deste tempo no que vén desenvolvendo a súa actividade, Tarandeira organiza rutas de sendeirismo guiadas e comentadas pola comarca, polos Ancares, Courel, Ribeira Sacra, e indo máis aló, polos Parques Nacionais de Picos de Europa (Asturias-Cantabria-León), Monfragüe (Cáceres), Ordesa (Huesca), ou Peneda-Gerês (Portugal); ou tamén o descenso do Sella (Asturias), roteiros gastronómicos (Castrillo de Polvazares, Lugo, Cambados, etc.), e xornadas medioambientales, coa limpeza do Río Mercurín. Ultimamente, destaca o deseño e sinalización dun roteiro ao longo do río Mercurín, que a Asociación levou a cabo en colaboración co Concello de Ordes e Sogama.

En setembro de 2008, e tras catro anos de existencia, Tarandeira inicia unha nova etapa coa inauguración do seu local social.

Contacto