Asociación cultural Tarandeira

cabeceira 5

Facerse socio

As actividades de Tarandeira son abertas e libres para o público xeral, pero os socios disfrutan de descontos no prezo das actividades, así como de preferencia para a inscrición. Ademais, o carnet de socio/a é familiar, polo que poden participar como socios/as todos os membros dunha mesma familia nas actividades que convoque a Asociación.

A cota anual durante 2008 é de 20 euros. Para o ano 2009 establécese unha cota de alta de 15 euros e unha taxa anual de 25 euros.

Ademais dos socios/as Ordinarios/as e de Honra, existen tamén os denominados/as Colaboradores/as, sendo estes/as últimos/as aqueles/as cuxa aportación económica vai máis aló da establecida como cota anual, destacándose así o seu compromiso económico coa Asociación.

A procura da condición das distintas modalidades de socio/a (ordinario/a ou colaborador/a) pode facerse:
Achegándose ao local da Asociación -Rúa do Mercado nº 27-1º esquerda, Ordes- os mércores e venres de 20:30 horas a 21:30 horas, e cubrindo a solicitude de alta como socio/a que alí se facilita.

Contacto