Asociación cultural Tarandeira

cabeceira 5

novas

Tarandeira inaugura a súa nova sede social

Tarandeira inaugura a súa nova sede social

29-09-2008

A Asociación Cultural e Tempo Libre Tarandeira contará a partir deste outono cun local propio onde situar a súa sede social e administrativa, que será presentado este venres a socios/as, colaboradores/as e público en xeral. Tamén se aproveitará a ocasión para presentar a nova web da Asociación.

O venres 26 de setembro ás 22:00 horas inauguraremos a nova sede da Asociación Cultural e Tempo Libre Tarandeira, sita na Rúa do Mercado, nº 27-1º Esqda-Ordes, dando así cumprimento ao desexo de contar cun local propio que arelamos dende o nacemento da Asociación e que só foi posible unha vez que o xerme que Tarandeira encarnaba é hoxe unha firme realidade con proxección de futuro, e ao apoio que recibe a Asociación dende os/as socios/as, colaboradores/as, patrocinadores/as e as distintas institucións.

O acto de inauguración, ao que convocamos aos socios/as, patrocinadores/as, colaboradores/as, simpatizantes e público en xeral, contará coa presenza das autoridades locais e irá acompañado dun viño galego.


Contacto