Asociación cultural Tarandeira

Lagoa do Mostallar

novas

VI CONCURSO FOTOGRÁFICO

31-12-2013

VI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TARANDEIRA

PARTICIPANTES
Poderán participar neste concurso todos/as os/as afeccionados/as á fotografía, agás membros da directiva desta Asociación.

TEMA
A Natureza.

OBRAS
Admitiranse un máximo de tres imaxes por autor/a.
DATA DE ADMISIÓN
O prazo de entrega finaliza o 31 de decembro do 2012.

PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS
As imaxes deben presentarse en soporte dixital: sempre nun CD, e en formato JPG .
O CD deberá ir perfectamente identificado cun pseudónimo do autor/a das obras; en sobre á parte debidamente pechado introduciranse os datos do/a autor/a (nome completo, enderezo e teléfono) e no exterior do mesmo o pseudónimo empregado.

As fotografías entregaranse persoalmente ou por correo á seguinte dirección: Rúa do Mercado, 27- 1º Esquerda, 15680 Ordes.

XURADO
O designado pola Asociación Tarandeira

SENTENZA
A sentenza do xurado será inapelable e farase pública a través dos diversos medios de comunicación e persoalmente aos/as premiados/as. O xurado reserva o dereito de declarar deserto o premio.

PREMIOS
Outorgaranse os seguintes premios:
1º-Saída de fin de semana con Tarandeira.
2º-Botas de montaña Chiruca doadas por "Calzados Capitán"
3º-Material bibliográfico sobre a natureza.

PUBLICACIÓN E EXPOSICIÓN
Das fotografías presentadas ao concurso, a Asociación poderá sacar as copias que precise para o seu uso, reservando o seu dereito de exposición e reprodución destas, así como calquera outro dereito de explotación das mesmas. A Asociación comprométese a indicar o nome e apelidos do/a autor/a cada vez que se empreguen as súas imaxes.
A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO IMPLICA A TOTAL ACEPTACIÓN DESTAS BASES.


Contacto