Asociación cultural Tarandeira

cabeceira 4

actividades

SEMANA SANTA NO PN SIERRA DE ARACENA Y PICOS DE AROCHE

SEMANA SANTA NO PN SIERRA DE ARACENA Y PICOS DE AROCHE

26-01-2012

SEMANA SANTA 2013 NA SERRA DE ARACENA

PAISAXE E XAMÓN DE PATA NEGRA: Esta serranía da provincia de Huelva, con un verdor esplendoroso, agocha fermosos e descoñecidos enciñeirais, sobreirais e soutos de castiñeiros, conformando un hábitat idóneo para a alimentación dos porcos ibéricos. Unha das máis grandes colonias de voitres negros de Europa sobrevoan as "dehesas" e ribeiras deste espazo natural así como os castelos medievais de Cortegana, Aroche, Aracena e Cumbres Mayores e tamén a mezquita de Almonaster la Real, referencia da época árabe.

Declarado parque natural no ano 1989 co nome de P.N. Serra de Aracena e Picos de Aroche, cunha extensión de 3000 Km2 abranguendo o territorio de 29 "pobos brancos" que raian con Estremadura e Portugal. Conta con máis de 700 Km de sendeiros sinalizados, que nos van permitir coñecer e desfrutar da comarca máis verde de Andalucía.

Sen dúbida, a mellor perla de Aracena atópase agochada baixo terra. A "gruta de las Maravillas", aberta ao público dende 1914 é una cova de dous Km que encerra dous salóns e seis lagos.

PROGRAMA:

Xoves: saída desde a alameda de Ordes ás 7:00 horas en autobús de Autos Raposo, paradas en Astorga, Candelario, Cáceres, Zafra, Fregenal de la Sierra, para chegar a Aracena sobre as 9 da tarde, onde nos aloxaremos no hostal Reina de los Ángeles en pensión completa.

Venres: roteiro de dificultade baixa….., tempo libre.

Sábado: roteiro de dificultade media…., tempo libre.

Domingo: saída cara a Ordes con paradas en Mérida, Hervás e Puebla de Sanabria.

PREZO: Socios/as 200€ (non socios/as 220€). Inclúe desprazamento e aloxamento en pensión completa no Hotel Reina de los Ángeles ( Aracena).

MATERIAL NECESARIO: Comida e auga para o xantar do primeiro día, botas de montaña, roupa de abrigo, impermeable, botas de reposto e vara de sendeirismo.

INSCRICIÓN: ata o día 5 de marzo chamando ao telf. 690038625 e ingresando o 50% para confirmar reserva na conta de novagalicia banco: 2080-0382-55-3000034118. Ordes.

Nota: as paradas son orientativas, xa que haberá que amoldalas aos horarios de descanso do autobús.



Contacto