Asociación cultural Tarandeira

cabeceira 2

actividades

ROTEIRO POR PEÑA SUBES E DESCENSO DO SELLA

ROTEIRO POR PEÑA SUBES E DESCENSO DO SELLA

26-06-2013

20 E 21 DE XULLO: ROTEIRO POR PEÑA SUBES (CONCELLO DE PONGA) E DESCENSO DO RÍO SELLA

DÍA 20: Saída da Alameda de Ordes ás 7:00 horas. Paradas necesarias para descansar e chegada aproximada ao Desfiladero dos Beyos para comezar a rota sobre as 13h. .
Roteiro de sendeirismo de dificultade MEDIA o primeiro tramo e DURA o segundo tramo (polo que é opcional) por "PEÑA SUBES": situada no concello de Ponga (Asturias), é unha das atalaias máis impresionantes da cordilleira Cantábrica.
Dende a súa cima divísase: cara o leste, a cresta de "Peña Norín" e, por riba, a serra de Beza e os Picos de Europa. Polo oeste, o bosque de Peloño e os cordais que o encerran. Cara o norte as montañas máis emblemáticas do cordal de Ponga (Tiatordos, Taranes, Pierzu e Carriá) e ao sur o val do Sella, dende Oseja de Sajambre ata o porto do Pontón.
O roteiro parte do "Desfiladero de los Beyos"(altitude 400m) camiño da vila abandonada de Tolivia, por un sendeiro de laborioso trazado. Pasando este lugar, onde se atopa unha fonte, entraremos nunha carballeira asentada nunha pedreira que dificulta un pouco o roteiro, a partir de aquí o desnivel aumenta considerablemente, polo que, dependendo de cómo andemos de tempo valoraremos a posibilidade de volver polo mesmo camiño, tendo neste percorrido de volta as mellores panorámicas.

DÍA 21: Descenso en canoa de 2 prazas polo río Sella.
CHEGADA: Aproximadamente sobre as 22:00 horas.
PREZO: socios/as 100 € - Non socios/as 120 €. Pago na conta novagaliciabanco: 2080-0382-55-3000034118.
Aloxamento e almorzo no hostal Covadonga, cea non incluída.
INSCRICIÓN: Chamando ao tlf. 690038625 (Paz) e ingreso do 50% antes do 10 de xullo.

MATERIAL NECESARIO: Chanclas de atar, bañador, camisetas de reposto, crema solar, cordón para as gafas para o descenso. Para o roteiro o de sempre.
O.T.: VIAXES CRISTÍN.



Contacto