Asociación cultural Tarandeira

Lagoa do Mostallar

Actividades

Para socios/as

Festa do outono

26-11-2016

O sábado 26 de novembro faremos en Marzoa a festa do outono para socios e socias. Nesta ocasión, o menú será a base de cocido e castañas. O prezo aproximado por persoa é de 22 euros, e decimos aproximado porque se repartirá o gasto entre os asistentes. O prazo para apuntarse (tlf. 690038635 - Paz) é ata o xoves 24 de novembro.

mais [+]

Micoloxía

XII Xornadas Micolóxicas

12-11-2016

Como xa é costume, no mes de novembro (sábado12 e domingo 13) Tarandeira celebrará as XII Xornadas micolóxicas. Empezaremos o sábado ás 9:00 horas cunha charla formativa a cargo do micólogo Martín Souto na casa da Cultura, para a continuación saír ó monte a recoller cogomelos. A mediodía, tradicional xantar no Restaurante Fraga (Ordes). Pola tarde, exposición e identificación dos cogumelos recollidos pola mañá.
O domingo, as 10:00 horas, nova saída ó monte e despois, clausura das xornadas.
O prezo da inscrición é de 25 € para os socios/as, e 30 € para os non socios/as. Para inscribirse, chamar ó tlf. 690038625 (Paz), e ingresar o prezo da inscrición na c/c ES9320800382553000034118 (Abanca)

mais [+]

Sendeirismo

Roteiro dos Viñedos de Belesar

20-11-2016

O domingo 2O de novembro Tarandeira proponvos disfrutar dos camiños da Ribeira Sacra; esta vez faremos o roteiro polos viñedos do Belesar. Sairemos ás 8:00 horas dende a Alameda de Ordes no autobús de Luís Raposo que procede da Coruña e recollerá polo camiño a todos aqueles que se anoten á actividade e se acheguen ao seu percorrido; convén, neste caso, avisar antes (tlf. 690038625). Volveremos a Ordes sobre as 21:00 horas.
A dificultade da ruta é de media (18 km). Recoméndase bota de montaña, bocadillo, bebida, crema solar, cámara de fotos, bolsa do lixo, e ganas de andar.
O prezo da inscrición é o de 15 € para os socios/as, e de 18 € para os non socios/as; o incremento no prezo (2 €) débese o seguro de asistencia sanitaria, obrigatorio dende o 1 de xaneiro. Para anotarse, hai que chamar a Paz (tlf. 690038625) para dar o nome e dni, e facer o ingreso na conta de Abanca ES93 2080 0382 55 3000034118.
Na escolma de fotos da preparación do roteiro que está no facebook podedes facervos unha idea da beleza do roteiro.
O. T. Viaxes Cristín.

mais [+]

Actividades: Ver todas [>>]

Documentos


Contacto

galerías